Agora si que a débeda pública pasou ser un problema macroeconómico relevante

Debedas públicas, debedas privadas: unha enorme estafa

Segundo nos informa o Banco de España no ano 2015 a débeda financeira do conxunto das Administracións Públicas españois situouse en 1,08 billóns de euros que equivalen practicamente ao 100% do PIB. Pola súa parte a débeda privada (familias, empresas, bancos) situouse nos 2,8 billóns de euros que equivaleron ao 260,1% do PIB español.

Unha débeda pública que, hai que sinalalo, na súa mais grande parte é –foi sempre- propiedade da banca española e europea. Unha débeda que é un autentico espolio de recursos públicos pois os xuros que se pagan –servizos da débeda- xa supoñen o terceiro maior gasto público do estado español e equivalen a un 3% do PIB. No que vai de lexislatura (PP) España pagou so de xuros da débeda pública un importe superior aos 121.500 millóns de
euros.

Rajoy escribiu onte a Juncker, para intentar evitar as multas por incumprir as metas fiscais tras o duro axuste

Ligada: (trabucos en diferido)

Sumando:

1 gústame

Com licença:

o problema não é a dívida, mas o próprio sistema que sem dívida não pode funcionar.

Quer dizer: achegamo-nos passinho a passinho ao colapso do sistema … :scream::stuck_out_tongue_closed_eyes: