Xerardo Moscoso, membro de Voces Ceibes

Médico e dramaturgo Xerardo Moscoso, un dos fundadores do movemento Voces Ceibe, falecía este domingo 22 de maio en Coahuila, México, aos 76 anos de idade. Moscoso, que sumou as secuelas da Covid-19 a unha longa enfermidade previa, acompañara a súa actividade profesional na medicina cun intenso labor cultural vencellado durante anos ao teatro e mais ao ámbito cinematográfico. Fillo de galegos emigrados, Moscoso estudou a carreira en Santiago de Compostela e, en 1968 participou da creación do colectivo Voces Ceibes, que marcaría o desenvolvemento da música galega.

3 Likes

Que a terra lhe seja leve

1 Like

1 Like