Un novo discurso (III). Abrir máis portas

http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=4227&seccion=4

Rañemos algo na superficie e atoparemos ouro en forma dunhas sorprendentes similitudes co que xa coñecemos de primeira man

Estou a entender o discurso non como un fenómeno conxuntural e momentáneo senón como algo duradeiro. Un pode moi lexitimamente falar do discurso de tal ou cal organización política de cara a tal ou cal proceso electoral ou a calquera outro conflito concreto. Eu prefiro facelo en amplo e en profundo, e non só para agora senón para lonxe. O discurso é a práctica social da lingua, unha práctica que está, como todo no mundo, determinada, rexida e modelada polas estruturas e as relacións de poder. Imos procurar, pois, exercer un discurso oportuno e efectivo subvertendo esas relacións de poder, rompendo eses límites aos que nos confinan. No discurso e na palabra os reis somos nós. Exerzamos sen medo esa soberanía discursiva, antesala da realidade.

2 gústame

Na TVG están a trabalhar a reo