Un dicionario galego-portugués de invertebrados con 60.000 termos

image

Garrido explica que “ata onde eu sei, o noso Dicionário de Zoologia e Sistemática dos Invertebrados é un dos maiores dicionarios terminolóxicos do seu xénero”. Se ben existen algúns dicionarios terminolóxicos de zooloxía dos invertebrados “que incorporan aínda máis denominacións vernáculas de grupos de animais do que a nosa obra, mais, en contraste, eses outros dicionarios non inclúen os termos en tantas linguas, xa que acostuman a restrinxirse a dúas linguas, sobre todo, o inglés e o alemán, e non complementan os zoónimos con termos relativos á morfoloxía, fisioloxía, ecoloxía, evolución e sistemática dos animais, nin ofrecen definicións dos correspondentes conceptos, como fai o noso dicionario”. É precisamente por esta natureza terminolóxico-conceptual pola que o público natural do dicionario é dobre: por unha banda tradutores científicos, e, por outra, investigadores, docentes e estudantes universitarios de Bioloxía.

2 gústame