Tuberculose bovina_ Temos que terlle man nós dos becerros recén nados para que os sacrifiquen na explotación

“Mañá van vir e póñenlle unha chapa metálica para mandar as vacas ao matadoiro para ser sacrificadas, temos que buscar nós o matadoiro que nolas mate e tamén quen nolas leve. E, despois, aínda por riba, os becerros de menos de tres meses non van para o matadoiro, dixéronnos que viñan e que mandaban a alguén para que os sacrifique na nosa nave e despois que chamemos á empresa que recolle os animais que morren e que os veñan recoller