Publicada 'Castelao. Construtor da nación', a biografía máis completa do autor

“Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación. É o título da tese de doutoramento do historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, que realizou, durante moitos anos e sen saber ao principio que ía acabar facendo unha tese, a investigación ata agora máis exhaustiva sobre a vida e a obra de Castelao.

https://axendacultural.aelg.gal/tag/afonso-daniel-castelao-biografia-dun-construtor-da-nacion/

Ademais dunha caracterización de Castelao, Seixas recolle todo o material “invisible” de Castelao, que estaba en mans privadas e era case descoñecido. Con iso, a través de máis de 1.300 páxinas, constrúe o retrato máis completo nunca publicado o autor galego.

3 gústame