Pediamos carros voadores e conformámonos con 140 letras [cas]

-“Na bilioteca do Nautilus, que iluminaría máis dun pazo continental, non atopaba Aronnax un só exemplar de economía política, que alí estaba estritamente proscrita”… “Nemo, saturnino, explica que o día que se mergullou para sempre baixo o mar, mercou os derradeiros libros e xornais, e quere pensar que dende aquela hora, a humanidade deixou para sempre de pensar e escribir…”

-“Estamos estancados, e iso nótase no malestar. O ritmo de descobrementos e patentes relevantes, as que mudan a vida de millóns de persoas, está estancado” … Porque citando a Verne na obra, Paris no século XX, ainda que todo o mundo sabe ler e escribri, xa ninguén o fai, e iso está a valernos.

-“Segundo Tyler Cowen, ficamos sen a " low hanging fruit”, os avanzos cómodos e doados, a man. Non temos xa grandes extensións cara onde fuxir, “nin escravos coma antano. Temos as nosas crianzas escolarizadas e a universidade, masificada. Remataron os atallos e cando baixe a maré, veremos as nosas vergoñas…”

-Se fixeramos o pequeno experimento que cada ano poñía unha mestra ponía de "Historia de las Ideas de la Complutense ( Castilla) " , tirariamos que un 95% da mocidade a quen se lle perguntara o deseño dunha sociedade utópica acabaría plasmando unha sociedade utópica acabarían plasmando algún tipo de variante «buenista» do bon salvaxe (Rousseau), do ideario socialista ou comunista. Prístina ou edulcorada, aberta ou camuflada, mais colectivista en esencia. Un intento inxenuo de colaboración, autoxestión, autarquía, propiedade común e autoridade dominante o benefactora. O restante 5%… ben, en toda xeneración hai xente despistada que coñece, Atlas Shrugged ( Quen é John Galt / La rebelión del Atlas) de Ayn Rand Aquelarre liberal ou ise obcecado obxectivismo.

1 gústame