O Atlas Catalán (en catalán: Atles Català) é o mapa cartográfico catalán máis importante da Idade Media, atribuído ó xudeu mallorquino Cresques Abraham. Non está asinado nin datado, mais sábese que a data aproximada de produción é 1375 polo rexistro que figura no calendario que o acompaña. É o primeiro atlas coñecido que incorpora unha rosa dos ventos, e é unha das xoias da colección da Biblioteca Nacional de Francia (París). Non se pode asegurar con certeza que Cresques sexa o autor do Atlas Ca...