Nos principios da romanización da Galiza

A máis de cincuenta metros do que se consideraba a necrópole do poboado da Lanzada, a area volve a amosar enterramentos humanos onde non se agardaban.

A cuestión é que hoxe apareceu outro esquelete nas proximidades de Cornelia, a uns oito metros, na mesma zona. Trátase dun bebé que aínda está en proceso de excavación e que parece indicar que o achado de Cornelia non é aillado, senón que forma parte dunha necrópole. A mesma necrópole que excavou De la Peña e que se atopaba máis alá da estrada, a máis de cincuenta metros de distancia?

É moi cedo para sabelo. “Como sigan aparecendo mortos, imos ter que redefinilo todo e redeseñar o plan de excavación”, afirma Rafael Rodríguez. Será o momento do pincel e de cambiar o plan, enfrontándose, cara a cara, cos habitantes dun poboado que ten moito que contar á Historia de Galiza

http://culturagalega.org/noticia.php?id=26665

1 gústame

1 gústame