Morre o poeta Manuel Vilanova, o renovador silencioso

Segundo o profesor e poeta Manuel Forcadela, “non hai camiño da poesía contemporánea que non fose transitado por Vilanova neste seu canto monumental que dura xa varias décadas”. No texto, redactado co gallo da publicación de Un banco na Gran Vía, engadía: “A crítica deste país non se vai facer eco desta obra e deste poeta, infelizmente. Máis unha vez a literatura de verdade camiña por unha senda que non ten nada que ver coa frivolidade, o poder e o postureo”.

Manuel Vilanova nacera en Barbantes (Punxín) en 1944. Traballou como catedrático de lingua e literatura española no ensino medio en Vigo. Finou o pasado 5 de marzo.

2 gústame