Mara Mahía_ A maioría dos berlineses estamos perplexos co razoamento do goberno teutón

Desde o 7 de outubro, a pantasma do antisemitismo fixo que o goberno alemán estea a levar a cabo unha censura que, a pesar do apoio que desde a Segunda Guerra Mundial sempre mostrou ao estado de Israel, non se lembra desde hai case un século. Artistas, pensadores, escritores, activistas… que defendan a Palestina están a ser repudiados, as súas subvencións denegadas, as súas exposicións e conferencias universitarias canceladas e as súas voces silenciadas