Logo do BNG é campanha pola wifi popular e de balde na GZ

      Eu digo-o polo logo.

Se miras esto nun bar, o normal é pensar que tenhen wifi de balde e que a palabra passe ou senha (ou password) é “adiante”.



Non sei de onde o tiraron pero vou imaginar que é unha ideia dela e que a vai defender contra os que queren facernos escravos das companhías de telecomunicación e os mídia. Inda que tenha que ir chantar ela os routers.





Momento un pouco tenso, coa Portavoz Nacional do BNG tomando o control no teclado na fase final da configuración da wifi, porque había quen dicía que o couso non ía funcionar e inda se pode mirar as caras dos de detrás que escomeçan dubidar, e se non era melhor que estivera outro e tal, pero Ana introduciu o nome de usuario e a senha sabiamente.



E voilà! O couso funcionando, e a sensación de que se continuamos así non vai haber quen nos pare.



Ou alomenos non hoje




Disclaimer: Esto é unha dramatização minha criada dende a ignorancia e a intención de pasalo ben. Porque lhe puxeron un logo que semelha de wifi de balde

3 gústame