Lambóns ao norte

Sexa polo motivo que sexa, o certo é que a cantidade e densidade de receitas, técnicas e elaboracións tradicionais diferenciais na zona é inmensa: pastelóns, costradas, proias, bolas de patrón, curruspiñadas, tortas do tipo Mondoñedo/Viveiro, pratos “á Cedeiresa”, colinetas, eses, bolas de nata, mantecadas, enfariñadas, empanadas abertas, polvoróns, papas arrandas e papas afreitas, o pai de mazá e o gatón, o pan de apóstolos, fritos de entroido, cordiales, amarguillos, pestrinos, papas pegas, bolas de Ortigueira, fabiolas, empanadas de feira, chaolas, chulos, chourizos de corada, cañas de follado, faragullos, cantelos e un longuísimo etcétera que evidencian esa diversidade e mesmo darían para establecer subzonas