José Luis Sucasas Fernández, nado en Cadrón (Lalín) o 24 de xuño de 1959 e finado na illa da Toxa o 1 de abril de 2017, foi un escritor e político galego.
Economista e enxeñeiro técnico informático. Participou na candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi candidato do BNG nas municipais de 2003, 2007 e 2011 en Lalín. En 2011 entrou a formar parte da corporación como concelleiro logo da dimisión da número dous do BNG. Foi colaborador habitual de Vieiro...