Iniciativa Lexislativa Popular polo uso do Galego no consumo

Ó fío da iniciativa da Mesa Pola Normalización Lingüística para que deixe de haber trabas para o uso do galego nas relacións de consumo (http://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/mesa-pola-normalizacion-linguistica-presenta-unha-ilp-para-facer-efectivo-e-real-o-dereito-usar-o-galego-nas-relacions-de-consumo) e así garantir na práctica o exercicio pleno do dereito a usar o galego para os consumidores e usuarios en todas as relacións; e que desaparezan as prácticas de chantaxe e as situacións de discriminación nas que se obriga a persoas a deixaren de falar galego para recibir servizos ou atención, en moitos casos por empresas subcontradas pola administración.

Abro este tema para que cada un conte a súa experiencia ó respecto e, se quere aporte a información que teña sobre o desenrolo da campaña de recollida de sinaturas da ILP.

2 gústame

Pessoalmente, estas iniciativas habitualmente som para alimentar o discurso da imposiçom, por via legal.

O que é realmente útil som trabalhos coma éste:

http://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/mesa-ofrece-un-modelo-de-contrato-de-arrendamento-en-galego

Esses som os temas tam necessarios que som os que logram a normalizaçom real.

3 gústame

Acredito (no que di o peeler). E inda máis útil para o uso do galego no consumo é abrirmos a conversa en galego e continuar en galego. Se a metade dos que simpatizan con propostas como a que abre o fio fixeran dese xeito a cousa mudaria moito.

Se a maiores, mudaran o consumo dependendo da atitude comercial inda mudaba máis. Tamén era interesante, caso de ter a gana e a forza, (porque a gente ja ten leria dabondo) denunciar abusos.

2 gústame

Por suposto que se a xente falase en galego principalmente e por defecto con consciencia de defender a lingua, a cousa mudaría moito.
Pero na realidade moita xente vai ó castelán por “comodidade”, por evitar enfrontamentos, por un “qué máis da” (que si da…)
Eu desenrolo a miña actividade profesional en galego por convencemento e implicación persoal (aínda que supón un certo esforzo extra); pero hai ocasións nas que atopas o desprezo chulesco á atención en galego (ou en castelán ou non hai quen te atenda) e creo que iniciativas como a la ILP son importantes en tanto que darían unha forza individual ó que queira ser atendido en galego.

4 gústame

Fazer a língua necessária é imprencindiiiiiíivel

Xa se fixo unha letra en Carballo para os aniversarios, e agora tamén había que tocar o asunto das esquelas ( que as funerarias non saben, ou non queren saber) .