Fio do comercio galego

Acho que o comercio galego, incluída a hostalaria, respeituoso com os dereitos dos galego-falantes merece um fio no que podamos compartir experiencias. Por favor agregades as webs se queredes.

Já sei que éste é históricamente um setor hostil ao galeguismo, mais, por favor, as gayegadas para o fío correspondente. Éste pretende ser um fío positivo.

2 gústame

A Pizzbur ou Galipizza, todo um clásico:

http://galipizza.com/inicio/

http://pizzbur.gl/

2 gústame

Comida preparada, encomendas de pastelaría artesá (de verdade) e alta cociña, eventos, cursiños para grupos, café, e mesmo un menú a prezo para cada día… Se pasades pola Coruña

https://www.facebook.com/BaluArte-de-Auga-298892037126196/?fref=ts

1 gústame

Probei nas links. Galipizza debe ter a metade do contido en galego. O menú ten a página das pizzas en galego e as catro seguintes en castelhano. Como vivo fora, fáiseme evidente que as historias circunscrébense nun entorno determinado.

pizzbur.gl non existe. Mirei que existe pizzbur.com, pero galego non mirei nada.

Non procuro criticar os negocios. Procuro situarme eu nesta ideia das entidades que consideramos comercio galego considerados coa lingua e a cultura do país, cando resulta que tenhen algo de galego acompanhando o todo en castelhano. Igual a fama lhes ven de antes.

A web (ou o magazine que tenhen digitalisado) de Galipizza é bilingue. E moi ben por eles, parabéns. Por comparación có resto todo podémo-la chamar de “a que está en galego”. Así andamos :stuck_out_tongue_winking_eye:

1 gústame

Punto para

http://www.gadis.gal/

Non foi sen tempo.

1 gústame