Fin do servizo de Chuza - 15 Xullo 2024

Agora si, toca ir fechando.

Non ten moito sentido manter este servizo para que so un usuario envíe noticias, e existen outras plataformas galegas para iso, coma fala.gal ou mastodon.gal. Antes de que morra inesperadamante, prefiro eutanizala, e gardar unha copia dos datos. O impato atual do proxeto xa non compensa o tempo de mantelo, especialmente se houbera algunha incidencia, coma as que xa houbo no pasado.

Chuza! será de só lectura a partir do 15 de Xullo. O dominio seguira ativo, e se alguen quere usalo, que cojtacto comigo por mensaxe. Tamen a lista de usuario para facerdes unha lista de correo, que e’ mais doada de manter, se queredes.

Foron moitos anos, pero vai sendo hora de irmos apagando. Grazas a todas por termardes disto durante todo este tempo, especialmente a @doceasubio @miguel e O Parasito, por serdes os que mais tempo contribuistes a manter este medio na rede.

Para calquera cousa, xa sabedes, petada na porta.

2 gústame

O prometido e’ debeda. Aqui o correo de contato:

4tw0kkd8@anonaddy.me

E a paxina pasa a ser de so letura.