A primeira vista semellan xubilados de entre 70 e 90 anos, pero analizados en profundidade, cabe millor pensar que se trata de extraterrestes, esto é, persoas que semellan esa idade, pero que son capaces de coller 4000 ou 5000 kilos de castañas en 15 días, se apenas pestanexar.
Non pode tratarse dos nosos pais ou avós, que incluso no ocaso da súa vida, intentan deixarlle un pouquiño máis resolta a vida os fillos. Son necesariamente extraterrestres, capaces de con obstinación e o brío realizar unha actividade que deixa extenuado a calquera mortal.
Ou pode? Ou será que son eles a clave de que neste país a crise non xerase ningún tipo de revolta? Será tal vez que eles, que primeiro traballaron sen tregua para proporcionarnos unha vida millor , agora siguen traballando para que non perdamos o nivel de vida que so pudemos acadar grazas o seu esforzo?