ENCE, pública nun principio, foi construída a finais dos cincuenta e inaugurada pouco despois por Franco, en 1963

Os defensores de ENCE só teñen un argumento: os postos de traballo, algo máis de 300 empregos directos. Mesmo ese argumento é falso. Nin sequera é necesario entrar no eterno debate sobre os empregos que a presenza do mamotreto destrúe noutros sectores como o marisqueiro ou o turístico. Abonda con botar contas na propia ENCE. Nos anos setenta e oitenta o número de traballadores superaba os 900. Desde entón perdéronse uns 600 postos de traballo. É a diferenza entre crear emprego e destruílo.

Non hai outra cidade no mundo onde cada un dos veciños sexan quen de saber a onde vai o vento sen saír da casa. Un está tranquilamente seguindo un debate de 13TV, sen meterse con ninguén, e sabe se o vento vén cara aquí ou cara a Marín. «Que se fodan os de Marín», pensamos os pontevedreses cando o fume vai cara alí, que é exactamente o mesmo que os de Marín pensan de nós cando o vento utilízanos como diana.

1 gústame