Dous montes veciñais, recoñecidos pola ONU como exemplo de conservación e xestión participada

O rexistro ICCA, elaborado polo Programa da ONU para o Medio Ambiente vén de incorporar a comunidade de montes de Froxán e a comunidade de montes de Santiago de Covelo, converténdose nos primeiros espazos da Galiza nunha lista que serve como recoñecemento de exemplos positivos de xestión comunal do territorio por parte dos seus habitantes. Neste grupo figuran lugares de todo o planeta, mais só catro en Europa: un no Reino Unido e outro en Finlandia, ademais dos dous galegos.
http://www.iccaregistry.org/en/explore/Spain/Froxan-Common-Woodlands

4 Likes

Ei, moitas grazas por compartir!,

Pois si, hai moi bos exemplos de xestión comunal do monte. O caso de Couso (Gondomar) , tamén é interesante. Eiquí deixo un vídeo, por se gostades:

Saúde!

4 Likes