Decreto da Xunta regulando arrendamento de vivendas de uso turístico

Seica entra en vigor o 10 de Maio. Mirei opinións (botei cinco minutos no google) que consideran que este decreto non é de moitas exigências ou que incluso o chaman de ambíguo. De entrada exige inscribirse no Rexistro de Actividades Turísticas da Xunta e pagar unha taxa de 56,26 euros.

Non mirei opinións de afectados. Alguén sabe algo desto?

Ligaçom para o decreto:


En NY andan na mesma léria. Seica falan que é fonte de ingresos de moita gente. Hoje no guardian.

A cidade impón multas aos usuarios da web de apartamentos de aluguer, de cotío unha fonte de ingresos extra vital, pero un político insiste: "Non imos tras dos pequenos"

New York é lugar dun confronto particularmente obstinado. Desde 2010, é ilegal baixo as leis da cidade alugar unha casa nun edificio con máis de dúas vivendas, na maioría dos casos, e onde o residente non está presente, mentres que os visitantes estean hospedados.'

En San Francisco direitamente fixeron este cartaz de escarnio de proprietarios que ofertan en AirBnB, acusando-os da gentrificacion do bairro chinés, que fai máis dificil o aceso á vivenda da gente local máis modesta.

Non sei como se pode comparar a situación na GZ no seu conjunto, onde moito piso turístico é na praia ou no monte, mais os casos de San Francisco ou New York fanme pensar en cidades como Compostela, onde é posíbel ter visitantes todo o ano e iso ía ter repercusión no prezo de aluguer de vivenda.

Pola outra banda e lendo sobre New York acho que proprietarios mencionan a mesma inquedanza que mirei na GZ: que cartos aparte, escolhen visitantes do AirBnB porque diante do inquilino de contrato están máis desprotegidos en casos de impago ou abuso.

Bom. Isso é de tempo histórico. Quando as senhoras ofertavam habitações na estação dos comboios nos 60s (e acho que antes). Na Gz com o boom turístico jacobeico a cousa crescreu muito.
Duma banda os hostaleiros legais miram como marcha parte da clientela. Da outra a gente tem que viver e acha aí uma fonte de ingresos. E pola terceira está o estado que perde fisco.
Para min cada quem pode acolher em sua casa a quem quiser, pagando ou não, mas há que pagar o IRPF das rendas.
Esses pisos, chaletes e casas rurais não são competência para os hostaleiros. Os serviços são de mui diferente nível.
Mas eles choram, que é o que há que fazer como bom gayego.
Enquanto aos apartamentos turísticos que há na costa, muitos deles acabalo das praias, que baixem preços e limpem mais não lhes ha vir mal.