Cartografía XurisdicIonal da Galiza no XVIII [PDF]

De acordo con estes lindeiros a Galicia d o XVlll tiña unha
extensión de 29.334’675 kms2 e unha poboación de 1.340.1 92 se-
gundo o Censo de Floridablanca, o que representaba unha densi-
dade relativa d o 45’6. N o reparto provincial aparece o antigo reino
cunha desigual porcentaxe na densidade relativa de poboación e
sobrancea como as provincias maritimas, aquelas que dispuñan
dun clima máis morno, de mellores comunicacións, e meirandes
recursos económicos, intensificaban súa densidade relativa a custa
das provincias interiores (Ourense e Lugo). D e todas elas era Tui
(86’5 hab/Km2) a de maior densidade e meirande proporción en nú-
mero e vilas e Lugo asentada sobre a penichaira interior e encostada
no macizo Oriental, a de menor densidade con 28’6