Benvido á Terceira Reencarnación de Chuza!

Éste é a nova web de Chuza!

O envío de noticias faise através da adición de novas entradas. O novo Chuza ofrece novas posibilidades, como a de subir imaxes e novas oportunidades de polémica. Ademáis existe a posibilidade de facer enquisas. Nesta nova etapa, a web fai un énfase nas notificacións. Os usuarios poderán receber no seu email as respostas ás súas entradas. Así mesmo, poderán subir as súas imaxes e memes. Os contidos están completamente monitorizados polos moderadores.

Todos os que queiran participaren como moderadores, poden contactar cos administradores a través desta mesma web. A aportación da comunidade é unha vez máis, o máis importante. Para comentardes calquera tema relativo a esta nova etapa, simplemente abride un novo fío. Calquera pergunta ou aportación é boa. Chuza comeza de novo, aínda quedan moitas cousas por adicionar.

A web antiga está disponível em chuza.org. Porén, os usuarios deberán rexistrarse de novo nesta nova web. En breve haberá tamén versión desta web nas dúas normas habituais. A principal razón da mudanza foi a Taxa Google, mais tamén é que o antigo formato amosaba sinais de esgotamento. A xestión da web antiga non ten relación coa desta web, nen os seus autores.

Saúde!

2 gústame

Vai seguir fuchicando cá a aplicación para telefoninno?

1 gústame