A toponimia galega no Diccionario nomenclátor de las ciudades, villas, aldeas, caserías, cotos, ventas, castillos, y prioratos de todo el Reyno de Galicia (1810), de José de Villarroel

Recibiron igualmente a nosa atención en DN a caprichosas interpretacións a respecto da segmentación formal dos topónimos, produto posibelmente do descoñecemento do idioma do país. Varios son os casos en que se verifica tal práctica, ás veces orientada por unha presumíbel mais inexistente equivalencia no español. Temos así, por exemplo, a documentación das formas Alage (cfr. A Laxe), Apedra (cfr. A Pedra), As-Incrucilladas, Castro de la Aza (cfr. Castro de Laza), Dafoz, Dapedra, Don-Albay (cfr. Donalbai), Laínsua (cfr. A Insua), La Lin (cfr. Lalín), La Mamá (cfr. Lamamá, de lama + má), Lama-Darcos (cfr. Lama de Arcos), Laval (cfr. A Val), Santa Alla (cfr. Santalla), Valde-Ferreira (cfr. Val de Ferreira), Valde-Ferreiros (cfr. Val de Ferreiros) etc. É preciso subliñarmos que, infelizmente, non correspondeu en exclusiva a José de Villarroel o mérito de reproducir por escrito os nomes de lugar dun modo máis que cuestionábel do punto de vista da súa segmentación: mesmo no século XXI, segundo temos sinalado xa nalgunha ocasión, hai constancia de barbarizacións similares, como La Goa (cfr. A Lagoa, lugar pertencente ao municipio de Arteixo), ou La Machán (cfr. Lamachán, nome dun terreo de brañas hoxe soterrado baixo o polígono industrial coruñés da Agrela-Bens, tamén transformado por algúns en La Grela-Bens…).

http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=4603&seccion=5

2 gústame
1 gústame

Fala de cidades e rúas, pero na IV Xornada de Onomástica Galega haberá un relatorio que se titula “Hai rúas nas aldeas?”, a partir dunha experiencia didáctica no concello de Valga. Pode avanzarnos a resposta a esta pregunta?
Historicamente hai estudos dos nomes das rúas das cidades e das vilas, pero os nomes dos espazos urbanos dentro das aldeas non foron nada investigados. Na xornada farase por primeira vez, que eu coñeza, unha aproximación ao seu estudo.

3 gústame