A nova Lei do Solo da Galiza (Lei 2/2016), en vigor desde marzo

Coa normativa que xa estaba vixente e que continúa sen cambios, no solo rústico de especial protección agropecuaria está absolutamente prohibida a plantación de piñeiros ou eucaliptos.

Só se poderían plantar directamente especies forestais destinadas á produción de froito (castiñeiros, nogais, cerdeiras). Para plantar outras frondosas (carballos, freixos, bidueiros, etc.), unicamente se podería se se meten as fincas durante dous anos no Banco de Terras e nese prazo ninguén as pide en arrendamento.

En canto ós solos de especial protección forestal, segundo a Lei de Montes de Galicia (Lei 7/2012), pódense pasar a uso agrario cando se cortan menos de 5 hectáreas de piñeiros, eucaliptos ou frondosas menores de 10 anos, ou ata 15 hectáreas se o terreo está a mato ou con mimosas.