1000000 de castiñeros

Había unha vez un presidente da Xunta que, en precampaña electoral, anunciou o día 2 de xuño do ano pasado, despois da celebración dun consello de goberno, que ía subvencionar una plantación histórica de árbores autóctonas para diversificar a economía no rural:…

…é unha decisión estratéxica, apostilou daquela o Presidente. Axencias de noticias e medios de comunicación reproduciron a nova aos catro cabos do mundo. Para isto, dixeron tamén irreflexivamente os mesmos medios que a Xunta destinaría dous millóns e medio de euros para que os galegos interesados puidesen plantar semellante cantidade de árbores enxertadas desta especie destinadas a dar froito. Cando lin a noticia tiven a curiosidade de facer unha doada división: 2.500.000 euros : 1.000.000 castiñeiros = 2,5 euros para cada unidade. Consultei logo cun técnico forestal coñecido meu sobre o que custa plantar un castiñeiro de froito e informoume de que entre a planta enxertada coas debidas certificacións fitosanitarias, a preparación do solo, o aburatamento, a fertilización, os titores e mais os protectores contra a fauna salvaxe, a plantación de cada castiñeiro acada os 23 euros. Algo non concordaba nas contas cos datos que ofreceu ese día o Presidente na súa comparecencia: ou ben se enganou no número de castiñeiros dese programa forestal ou ben na cantidade orzamentada.

Poucos días despois, o 27 dese mesmo mes de xuño, tiven ocasión de ler no DOG a publicación da orde pola que se convocaron as axudas para este tipo de plantacións cunha referencia críptica aos castiñeiros baixo a designación de fomento dos sistemas agroforestais e a súa preservación. Vou ao artigo 21 desa norma e comprobo que o orzamento destinado a esta actividade ascende a 2.640.427 de euros. Tamén comprobo que da totalidade dos gastos, subvenciónase un máximo do 80 %. Isto é, dos 23 euros que custa plantar cada castiñeiro, a axuda pública achega como máximo 18 euros. Dividindo 2.640.427 € entre 18 €, pódese subvencionar exactamente a plantación de 146.690 castiñeiros. Non está mal de todo, pensei eu daquela.

http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=4559&seccion=4

3 gústame