Zanfonistas do mundo en Rianxo

Volve Zona da Zanfona, o encontro internacional arredor deste instrumento que organiza aCentral Folque. Será do 5 ao 7 de xullo en Rianxo e alén de cursos e outras actividades para os músicos, hai concertos abertos ao público.
Galiza está na vangarda europea deste instrumento, afirman desde aCentral Folque, “en canto á variedade de estilos, proxectos diferentes, mestres ensinando e alumnado aprendendo que nos últimos anos ten visto un crecemento exponencial, envexado noutros puntos da Península e do continente. Cada vez é meirande o número de persoas practicando, aprendendo e construíndo a un alto nivel”.

2 Likes