Velocidade da(s) webs

Entrei em oQue.gal e vai-me mui lento. Ás vezes incluso nom carrega a página. Tedes a mesma experiencia de usuário com oQue ou com esta web?

eu non lembro problemas, logueime varias veces esta semana. O que pasa é que fun mirar agora mesmo e dende a página principal, cando lhe dou no logo de iniciar sesión arriba á dereita para logarme, non vai. Ponse negro e fica ahí. Pero se dou nel dende unha página dunha pregunta vai sen problema e podo logar. Enton penso que ja me pasara o mesmo outra vez durante a minha atividade nesta última semana pero como sen pensalo entrara ó pouco dende (seguramente) unha pregunta, non fora consciente do asunto.

Pero sí, agora mesmo non me funciona o link á pagina de logarse cando lhe dou dende a principal. Non notei nengún problema de lentitude carregando as páginas.

Obrigado polo reporte. A página nom ia bem desde que mudamos o velho Chuza a estático. Agora volve ir bem.:grin: