As estatísticas entre estados da OCDE amosan un panorama torto. Nalgúns europeios, France, Deutschland, Nederland, ou Noreg, as horas traballadas andar arredor das 1500 por ano. Noutros, maiormente saxóns, seguen por riba das 1700 h/ano. Polska, Éllada… sobrepasan as 2000 por ano.
De “aumentar produtividade e traballar menos”, pasamos a “traballar máis para sermos competitivas”, no intre en que os avanzos tecnolóxicos multiplican o aforro de man de obra. Iste feito escorrega aos poucos na tese da “Fin do traballo”, que non é outra cousa que o aumento da precariadade e a temporalidade á hora de cimbrar emprego entre a poboación.