Vas querer saber a porco

A multinacional de produtos sexuais Durex está a valorar comezar unha campaña para lanzar ao mercado novos sabores dos seus coñecidos e exitosos xeles de pracer.

Segundo puido coñecer este medio, o departamento de I+D da multinacional baralla introducir novos sabores entre os que se atoparían o de churrasco, bocadillo de rabas de lura e pementos de padrón. Este último tería dúas variedades, picante e non picante. Así a empresa lanzará unha nova liña de xeles con sabores do mundo e, aos achegados polo noso país, sumaranse os de paella, escargots, polo con améndoas e burrito.

1 Like