Unha viaxe no carro

A música do carro do país animaba os camiños galegos, rivalizando entre os carreteiros por cal soaba mellor, pois se podía variar apretando mais ou menos as treitoiras ou mollando o eixo, unha das maiores utilidades deste son era ademais de animar ós bois no seu camiñar, nos estreitos e tortuosos camiños con pouca visivilidade por onde non pasaban dous carros á vez, abrigo cando a carga era voluminosa como toxos, palla, etc, avisar de que se achegaba outro carro en dirección contraria e había que apartar axiña, para deixar paso ao que tivese preferencia, este era o momento dunha pequena parada para botar un conto entre os carreteiros, despois do obrigado bos días e San Antonio
i72cln1wcarro-pais-maqueta-museo-etnografico-capela-small