Unha manchea de voces por Diego Lores

Diego Lores enfróntrase o 17 de xaneiro a un xuízo no que se piden para el 3 anos e medio de prisión e unha responsabilidade civil de máis de 30.000 euros. Un xuízo no que non hai acusación pública, a fiscalía rexeitou por dúas veces facer parte do proceso contra este activista, mais si acusación privada: a Policía Local. Acusan Diego Lores de suposta agresión a un axente durante os protestos que decorreron hai dous anos en Vigo contra o proxecto de instalar un barco nunha rotonda, uns cartos, sosteñen os opositores, moito máis necesarios en cuestións sociais.

“Tendo sempre por bandeira a non violencia, a resistencia pasiva e a desobediencia pacífica, paralizáronse as obras. As forzas de orde público interviñeron, e comezaron a chegar as multas e as detencións: tras Xurxo, foi a quenda a Diego. Agora, dous anos despois, dará comezo o seu xuízo”, manifestan desde a Asemblea Aberta de Coia, impulsora dun manifesto que veñen de asinar nomes e rostos coñecidos de diversos ámbitos: social, cultural, político, educativo…

2 gústame

1 gústame

No diarioliberdade hai máis información


1 gústame