Unha coroa mortuaria cunha cinta que puña: "Uxío, non te deixaremos en paz"

Falamos co deputado responsábel de Mobilidade da Deputación de Pontevedra,

Hai un mes apareceron pintadas en Pontevedra contra César Mosquera (vicepresidente da Deputación, tamén do BNG). Así que xa imaxinaba que dun momento a outro aparecerían pintadas contra min, como foi o caso agora. Mais o da coroa, iso si que non o esperaba. Agora ben, quero destacar unha cousa. Isto pasou despois de que, hai un mes, o representante sindical de Comisións dixera, preguntado sobre as pintadas contra Mosquera, que eran liberdade de expresión e mesmo advertiu que “van a pasar cosas muy graves”.

Na época do PP, con Rafael Louzán como presidente da Deputación, estes traballadores funcionaban, por dicilo así, de forma autónoma, por libre, sen adscripción a un servizo. A primeira vez que, como deputado de Mobilidade, vou alí e me reúno con eles, dinme que o parque dependía directamente do gabinete de Louzán. Era unha brigada ao servizo de Louzán e do seu xefe de gabinete, que en base a criterios partidistas decidían a onde mandaban traballar as máquinas, moitas veces para cuestións que non correspondían. Houbo un dispendio de fondos públicos para facer tarefas que non competen á Deputación.

1 Like

A Illa de Arousa foi o escenario onde apareceu colocada nun poste da luz unha nova coroa mortuoria. Se esta semana, varios deputados do equipo de goberno da Deputación Provincial denunciaban a presenza dunha coroa ameazante co nome do deputado responsable de Mobilidade, Uxío Benítez, este sábado transcendeu a presenza doutra coroa situada na comarca de Arousa desde o pasado xoves. Nesta ocasión, a banda que acompaña o conxunto de flores leva escrita a frase: “Mosquera, non te deixaremos en paz”.

1 Like

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/04/24/plantilla-parque-maquinaria-cobraba-12000/1447972.html

1 Like

Acho que a estes novos, temos que aplicar-lhes o sistema “Nené”

1 Like