O Estado británico interprétao como un desafíao. Desta historia parte do libro. Por que?
_> . Vivimos unha violencia xorda e cotiá. Así, na crónica, a barreira non estaba tanto no feito dos insurrectos falaren en córnico senón na arrogancia que pechaba os ouvidos dos poderosos. _
> O modelo de estado nación unitario fíxose hexemónico en todo o mundo e anula outras posibilidades de organización comunal. Parece que a idea de unidade: unha lingua, unha identidade, unha cultura, un pobo -e até unha etnia ou unha relixión- son elementos rancios dun certo nacionalismo que, deica hoxe aparece en diferentes países do mundo -podemos observar algúns procesos electorais acontecidos nos últimos meses-. O medo ao diferente e a esixencia dunha necesaria pasteurización.