Cantos dos títulos recollidos por Carballo no seu traballo están hoxe dispoñibles en librarías? Cantos foron obxecto de reedición nos últimos anos? Poucos, moi poucos.
Se pensamos no caso galego, a escaseza de publicacións periódicas en lingua galega e as dificultades que tivo a edición na nosa lingua ao longo da historia explican que a aparición da banda deseñada seguise un camiño distinto ao que tivo lugar en ámbitos lingüísticos normalizados coma o anglosaxón, o francófono ou o castelán. Dende o século XIX, existiron tamén en Galicia, incluída a Galicia exterior, publicacións que incorporaron viñetas de contido humorístico ou costumista que se expresaban en lingua galega. Medios como El Pueblo Gallego, Vida Gallega, Céltiga ou Vida Céltica