#tramalume “Está claro dende hai tempo que o monte arde porque interesa que arda”

Traballo en rede, comunitario, transversal, multidisciplinar e anónimo. Así opera a Rede de Investigación Comunal sobre Montes e Lumes Forestais, un “espazo de investigación cidadá” para abordar as “causas de fondo que fan tan vulnerable a situación dos montes galegos e da poboación do rural en xeral”. Tras publicar tres vídeos dun documental en curso titulado TramaLume, os seus impulsores explican a Galicia Confidencial a natureza desta rede colaborativa e os seus propósitos, ademais de aportar a súa visión do problema dos incendios no país, para o que negan a hipótese da Xunta dun “terrorismo incendiario” e polo que culpan ao Goberno galego, ao central e a Unión Europea como partes responsables. Para atacar o mal piden unha “sociedade valente e autogobernada, en rede e con memoria”.

2 gústame

Boa iniciativa, mais espero que resolvam os seus problemas com a web. O seu certificado é inválido e iso hoje em dia perjudica as visitas e o ranking en Google. Ja lhes dei o toque em Twitter :wink:

1 gústame


2 gústame

Quem são os patrões de INAER e Natutecnia? Que ciclo seguiu esse dinheiro após ser pagado?


2 gústame

Moitas grazas por dar difusión á Rede de Investigación!

Máis consecuencias (previsibles) da vaga de lumes ocorrida en outubro na Galiza, e Portugal http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/67929-zonas-rexistraron-incendios-alta-intensidade-sufriran-erosion-seis-meses via Galicia Confidencial #LumesNuncaMáis #StopEucalipto #tramalume

1 gústame

As declaracións da Xunta sobre as escorrentías do #chapapotedemonte. Grrrr http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/67986-xunta-di-traballos-montes-queimados-minimizaron-danos-evitaron-erosion-drastica