…división territorial que cando a súa polémica criación tivo máis en conta criterios políticos ca xeográficos e culturais. O étimo Ancares deriva da raíz indoeuropea ank, ankon en grego, e angulus en latín, que en galego deu anco, dobrar, ángulo ou revolta nun terreo. A mediados do século XVIII, Frei Martín Sarmiento xa escribiu que chamaban ancos ou “ancones” ás curvaturas dos montes, promontorios e picos. Para algúns investigadores pode ter a orixe na palabra Antares, citada no Codex Calixtinus, unha estrela da constelación de Escorpio. Para outros vén de ancarius, asno, o animal de carga. O retórico latino Chirus (século IV) escribía que os hispanos non dicían cubitum (cóbado) senón ancon, coma os gregos…
1 Like