Suso de Toro_ Sobre o “dereito a decidir” e a necesidade de sermos nación

Somos un país expoliado do seu dereito a autogobernarse, dos seus recursos, da súa demografía… A Galiza, malia ter unha posición privilexiada no mundo, abonda ver o mapa, malia ter recursos naturais propios valiosísimos, malia ter sido un reino capaz a crear unha lingua e unha cultura europea significativa…, perdeu nun século case a metade da súa populación, mentres Madrid multiplicou a súa populación e alí se acumula un PIB que nace precisamente da extración da nosa riqueza, así como doutras terras do estado.

Hai unha relación directa e unha orixe entre os nosos problemas económicos e sociais e a dependencia de Madrid. Eis porque non podemos acreditar que dirixentes políticos madrileños vaian solucionar os nosos problemas, precisamente nunca o farán porque os nosos intereses e os seus son contrarios. Os seus intereses son dirixirnos desde alí submetidos a unha orde económica e política que nos marxina, como viu e analizou na súa libreta de contable o Valentín Paz Andrade en “La marginación de Galicia”. Precisamos crear os nosos propios dirixentes e as nosas propias estratexias.

Así nolo aprendeu Faraldo que xa no 1843 defendeu a independencia da Galiza polo mesmo motivo que animaría tres anos despois a Revolución Galega, esa que lle ocultan aos nosos estudantes os libros de texto españois: “Galicia, arrastrando hasta aquí una existencia oprobiosa convertida en una colonia de la Corte, va a levantarse de su humillación y abatimiento.”

Sobre o “dereito a decidir” e a necesidade de sermos nación

  • Dereito a decidir
  • Independencia
  • Dependencia
  • Non toca agora / Non sei

0 eleitor

http://praza.gal/xornal/uploads/fotos/foto/56f670a4929b5-cartel_xxxiii-1.jpg

A “necesidade de sermos naCIÓN” ???

:astonished: :astonished:

Este ghicho perdeu qualquer coerência discursiva:

  1. Já somos naCIÓN… espaÑola, é claro!

  2. Naçom ou Nação se é ou não se é.

Não existe portanto uma presumida “necesidade” de sermos ou não sermos nação…