Sobre Chuza.gal, Chuza.org e oQue.gal

Para todos os interessados en coñecer o reparto de dominios do entramado de Chuza:

  • Chuza.gal é o dominio lexítimo de Chuza. Usábamos éste até que tivemos que mudar ao .ORG por mor da taxa Google. Volve ser o noso lar de novo ao empregarmos un software compatibel coa famosa e inxusta lei da taxa.
  • Chuza.org ficará como web estática para referencia, cos datos dos últimos 6 anos de uso da web e lonxe da xurisdicción legal españistaní.
  • oQue.gal é unha web de perguntas e respostas, similar a Chuza.gal máis cun carácter máis serio. Está orientada a compartir coñecementos e non só opinións dos usuarios.

A titularidade dos dominios .GAL é da Asociación, mais está e em breve estarán a nome dun particular. A continuidade e gratuidade do servizo actual está garantida.

4 Likes