'Sitio Distinto': a emigración galega en Euskadi e a súa pegada cultural

O director e produtor do filme achara naquela visita casual a Masustegi, barrio agora céntrico, unha especie de Galiza en miniatura

O obxectivo tamén do filme é “traspasar o tópico”, ese equivocado -como tantos- “e difundido por certos poderes fácticos” que vincula os galegos de Euskadi unicamente co polbo, a empanada, as gaitas ou a Garda Civil. E, mentres explica, traslada anécdotas de galegos falando entre eles en vasco sen decatarse da orixe común das súas familias ou de caseríos onde a linaxe orgullosa de carteis en forma de apelidos ten máis Suárez e Castro que Goikoetxea ou Landaluze.

2 Likes