Sindicatos alertan de que Sanidade leva a cabo "ameazas" e “ordes ilegais”, obrigando a realizar a totalidade do traballo programado con tan só a metade do persoal

Os sindicatos denuncian presións de Sanidade para facer fracasar a folga de inspectores de saúde

Segundo ese programa, sinalan os sindicatos, os inspectores e inspectoras deben garantir mediante unha inspección completa e exhaustiva, que as praias se encontran en condicións óptimas de limpeza tanto no auga como na area, verificando a ausencia de cristais, materia orgánica, residuos alquitranados, desperdicios ou calquera outro tipo de vertidos. Ademais deben verificar que as praias estean correctamente sinalizadas e que teñan exposta ao público a información regulamentaria. Finalmente teñen que recoller unha mostra de auga para realizar a correspondente análise.

Explican que “en condicións normais, estas inspeccións deberían ter, de media, unha duración aproximada dunha hora por praia, dependendo fundamentalmente da lonxitude da mesma, que en moitos casos chega a ser de varios quilómetros” e que por razóns de calidade as inspeccións só se poden realizar pola mañá, de 10 a 14.30. “Resulta polo tanto imposible, realizar a inspección de máis de tres praias, como media, en cada xornada laboral, se se pretende que a inspección se faga atendendo ao establecido na lexislación vixente”, conclúen. Porén, denuncian os sindicatos, a Consellaría “deu ordes por escrito para impoñer rutas de inspección que superan en máis do dobre a cantidade recomendada de praias a inspeccionar nunha soa xornada”, entre oito e dez praias nunha mañá, o que suporía dedicar pouco mais de 15 minutos por praia.

3 gústame