Saúl Jorge, rapeiro vigués: "As cancións son a escusa para imputarnos"

Entrevistamos o rapeiro vigués Saúl Jorge López, acusado de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas por facer cancións reivindicativas xunto ao resto de integrantes do colectivo La Insurgencia. En próximas datas serán xulgados na Audiencia Nacional, onde afrontan unha petición de dous anos e un día de prisión e unha multa de 4.800 euros. Nun primeiro momento estiveron acusados de asociación ilícita cando moitos deles non se coñecían en persoa.
Tres policías de paisano esperaban o 8 de novembro de 2016 que Saúl Jorge López saíra da súa casa en Ourense. Tras identificalo e solicitar o seu teléfono móbil, este universitario vigués de 20 anos recibiu unha citación para que, días despois, se presentara en calidade de investigado na Audiencia Nacional. Ese mesmo día soubo que o resto dos integrantes do colectivo de rap La Insurgencia, a metade deles galegos, tiveran unha visita similar. Foron acusados de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas, incitación o odio contra as institucións do Estado e asociación ilícita por publicar as súas cancións nunha canle de Youtube.

2 gústame