Saldos na Coruña. Xa advertiran en outubro de 2014

BNG lémbralle ao Goberno municipal e á Autoridade Portuaria que ten impugnado o PXOM polo cambiazo da cualificación urbanística de público a privado dos terreos da Solaina mais tamén no que ten a ver cos peiraos de Batería e Calvo Sotelo

No que ten a ver cos terreos dos peiraos do porto interior, o Bloque lembra que para que teñan o uso social ou para a cidadanía do que fala o Sr. Ferreiro é necesario modificar o planeamento urbanístico xa que o que contempla o PXOM actualmente nas súas fichas urbanísticas é a construción de mamotretos de até 10 alturas e a excepción do deber legal de cesión do 10% do aproveitamento para a reserva de dotacionais xerais e locais correspondentes, algo que, no seu recurso ao plan xeral, o BNG cualificaba como nulo de pleno dereito porque esa excepción do deber legal de cesión do 10% en chan non consolidado non está contemplado nin na lexislación estatal nin na autonómica.

2 gústame