Rendabilidade da Rede Galega

Abro este fío para todos os interesados em comentar as posibilidades de rendemento económico na rede galega. Ate agora a maior parte das webs galegas som feitas com desinterese económico, e ainda com perda de recursos que poderían estar destinados a obter rendementos empregados noutro tipo de webs. E ainda existe outro tipo de webs, aquelas que dependen en maior ou menor medida de subvencións, e que morren cando estas se acaban.

Por iso, eu creo que poderiamos falar tamén das posibilidades de negocio das webs locais. Se tedes ideas acerca de como tirar benefício económico e/ou social da rede galega e en galego, ou exemplos de éxito, podédelos compartir aquí.

3 gústame

Fai anos (na prehistoria de internet, anos antes de que existise o Chuza!) traballei para un deses exemplos que morreu cando remataron as subvencións; ainda que naquel caso o falecemento se produciu porque os responsables estaban máis interesados en chuchar os cartos da subvención e desaparecer que en buscarlle unha saída rendible (que podería terse acadado), entendo que o simple feito de que existise unha ferramenta en galego na rede xa supoñía un beneficio social.
Que exista unha rede en galego é un beneficio innegable para a lingua, cultura e sociedade galega; así pois, ainda que fracasen creo que é bo que haxa tentativas.

E sobre tentativas que poderían ter éxito económico; estou convencido de que hai moito campo por explorar en Galicia, aproveitando os recursos propios, a distribución poboacional e os usos da xente.
Hai que ter claro o nicho de mercado, a perspectiva de beneficio e nin tirar demasiado alto con obxectivos irreais nin cortarse por medo ó fracaso ou a rendibilidade escasa.
Creo que hai lugar para servizos de proximidade con sede/apoio na rede: axudas domésticas asistenciais (comidas para xente soa, atención de anciáns ou nenos, enfermeiros, costura, veterinario, etc. con aistencia tanto virtual coma física) ou de oficios (electricista, albanel, fontaneiro, “chapuzas” en xeral), substituir a típica furgoneta de reparto polas aldeas por un reparto baixo demanda (mercando a través do móvil podendo ter así un catálogo máis amplo), plataformas de negociación de producción (productos agrícolas, leite, gando), ou de adquisición (sementes, gando, pensos, etc.)
Tamén hai aínda sitio para servizos de información especializada que poden servirse a páxinas institucionais ou xornalísticas (axendas culturais, micro-información local, festas e verbenas, etc.)
Tamén servizos turísticos (aloxamento tipo Airbnb combinado con programación de actividades)
Etc.

Moitos sitios poderían ter unha implantación de rendibilidade reducida (pero suficiente), outros fracasarían, e se cadra probando, probando algún resultaba un fenómeno de éxito. O importante é tentalo e que existan, porque so ca súa existencia habería un rendemento social e cultural.

4 gústame

Com a rede ‘en galego’ acontece o mesmo que com a língua: o galego autonómico não dá rentabilidade por dous motivos:

  1. ao adoptar a farda gráfica espanhola - e por trás dela tudo o demais: léxico, fonética, etc… - foi afastado de maneira irracional e absurda do seu campo de jogo natural, reduzindo o seu mercado potencial cem vezes (de 250 milhões de consumidores potenciais para 2,5 milhões no máximo)

  2. aliás, ao adoptar uma posição subordinada a respeito do espanhol é que nem sequer funciona como instrumento primeiro da comunidade à qual presumidamente está dirigido. A maioria dos galegos e galegas passam para o modelo original (o espanhol) quando têm que fazer “cousas sérias” e o galeguiño fica para as cousas rituais e as caralhadas ou para o pessoal muito motivado (“nacional-rexionalistas”, etc… que cada vez são menos)

Assim, a única maneira de manter “o chiringo” são os subsídios públicos, a cada vez menores dado que as “autoridades públicas” já nem precisam de manter a mascarada do “bilinguismo filarmónico” e preferem poupar nisto que é um burato sem fundo que não (lhes) reporta benefício nenhum nem lhes tira a simpatia entre a população que já se decantou maioritariamente polo instrumento útil a sério, o espanhol…

Isto é o que há, e o resto é andar a fazer-se palhas.

2 gústame
1 gústame

:stuck_out_tongue_winking_eye: --> :scream: --> :fearful:

★˚˛˛°.˛.˛°˛.* *.˛°˛.˛.°˛˛˚★

Poida que isto sexa unha idea tamén para termos a terceira canle da TIGZ, a nosa televisión independente para o mundo na rede.

Haveria que ver entom que ferramentas se teriam que desenvolver para criar eses serviços. Ademáis de como organizar ás pessoas que trabalhem nelas. Queda muito por fazer.

"Non é a primeira vez que neste mesmo foro me teño manifestado a prol de utilizar os recursos da rede para explicar todo isto con claridade. Insistirei nun exemplo: ElClauer.cat é unha web que explica a República catalá mediante preguntas oportunas e respostas ben matizadas. Crea discurso, porque achega tanto o futuro Estado catalán que case se pode tocar coa man. As repostas, redactadas seguramente por un panel de expertos, son concretas, sinxelas e entendíbeis. Non se engana a intelixencia do lector eludindo os problemas que a instauración da nova República ha de traer consigo, nin se oculta que a nova República terá que buscar encaixe no mundo que hai, non no que debería haber. A través dunha linguaxe en aparencia pouco ideoloxizada exhíbese un contido político de moitísima profundidade. Ao contrario do que estamos acostumados, El Clauer carece de grandes palabras e diríxese aos grandes feitos, ao grande feito cotián de comezar a vivir nun novo Estado europeo. Antes de seguir lendo, analicen ben este web. Vexan os seus puntos fortes e as súas feblezas, xulguen o que podería ser aplicábel a Galiza e o que non. Paga a pena. "

Pois logo haveria que saber a favor de que estão “as persoas venres” … :grinning: :grinning:

:wink:

2 gústame

Manda caralho:

com o bonito - e galego! - que é dizer “a gente nova” !!!

“Gente nova,
lenha verde,
tudo é fume!”

:smile:

Obris ós participantes neste fio pola info partilhada