Recuperar a Coralia e Maruxa Fandiño Ricart

Cómpre lembralas non como As dúas Marías, senón polo seu nome, dende a súa identidade. En definitiva, a peza pretende liberalas da estatua da Alameda de Compostela e da postal”. Con estas palabras, a dramaturga Esther Carrodeguas resume a súa obra Voaxa e Carmín, gañadora do Premio Abrente 2015, que ButacaZero -en coprodución con Eme2 e a MIT de Ribadavia- está a levar á escena baixo a dirección de Xavier Castiñeira e a interpretación de Mabel Rivera e Belén Constenla.

2 gústame