Que pensades de oQue.gal?

A ideia da web era servir de consultório para dúvidas e pesquisas num tom máis formal. Infelizmente, nom está a colher a tracçom que Chuza ainda conserva, p.ex.

Polo tanto, gostaria saber a vossa opiniom, se lhe vedes continuidade como projeto, ou se tedes algumha proposta para ele.

C/c @belay

3 Likes

O certo é que o site está mui bem e é previsível que seja interessante para a comunidade que vive em galego, mas essa comunidade e mesmo cativa para dar vida a tanta proposta como há…descontando que a maioria vivemos em sites globais que é “onde está a gente” :stuck_out_tongue:
Continuidade? Bom a minha percepção é a mesma que quando miro para meus prédios e penso em seu presente e futuro. Sempre remato dizendo-me “E haberá que seguir, ou?”

2 Likes

Está óptimo e presta un bo servizo, polo que sendo posibel tecnicamente, debe manterse.

O problema apuntao ben o @miguel . Somos poucas persoas as que usamos ferramentas onde non se poida seguir,( porque non se apuntan) caspa ou “streamnoise”. A meirande parte do público potencial é o que escribe tweets no @luar ou no @landrober … e aí remata o seu uso do galego´s way of life, (e que uso).

Por xente que coñezo, Chuza infunde respecto, e non se atreven a participar achegando contidos, que non é doado, para non entrar en polémicas ou vareadas gramaticais, cousa que curiosamente non lles importa ren cando castelanean por xalundes, aí xa non existe medo. Outras persoas que estiveron cá, que nos espreitan a cotío, non teñen medo , mais teñen fastío vital, ou pasan de polemizar polo mesmo.

Para min un dos problemas, e non poder acceder coa mesma conta a todo, ou cando menos, non ter a porta visibel nun banner acó. Chuza booty* debe tuitear tamén preguntas de #OQue novas ou algunhas importantes e/ou aleatorias. . Isto non se move -> https://twitter.com/oque_gal

2 Likes

coincido consigo Doceassobio ponto por ponto

beijos helena

Eu tamén concordo con doceasubio. E tal como menciona miguel, estou abraiado de comprobar os sites “onde está a gente”: facebook e twitter, pero é que observo que están incluso os que semelha que non están afeitos as novas tecnologías. O importante para mín é que aparte dos moitos que andan a falar os temas dos que falan os canais de tv tamén observo que hai moita gente da GZ que non entra por ese aro. Non sei se dou artelhado ben a frase pero vouna tratar de dicir a cousa direita: Eu preciso de espaços nos que facer atividade en galego, ou diretamente relacionados ca GZ en liberdade.

Quero aproveitar para laiarme porque no caso dos sites “onde está a gente” repítese a trampa dos mídia na GZ: se a gente consume tv e radio cun “amplo espectro de posibilidades”, que son as que sabemos que son, en internet están no facebook ou midia maioritarios onde se repite ese esquema via eidos, settings por defeito, e versións “nacionáis” de sites.

Sobre oQue, penso que se trata dunha question de se paga a pena o trabalho que da para o que funciona. Non sei os números pero tampouco me quero molhar porque, tenho que avisar: son horroroso para predicir o que vai facer a gente. Nunca acerto.

Do pouco que penso que tenho claro é que hai que criar contidos e canáis para expresarse. Eu que sei? :relaxed:

O preço do serviço: 60 ouros por ano polo dominio .GAL, mais algo máis polas copias de segurança e demais.

Voces diram se compensa ou nom. De momento ainda há quarto na conta da Associaçom, mais nuns anos acabaram-se.

Eu sou da ideia de que se as cousas nao funcionam e nao dao um rendimento mínimo é melhor nao gastar energia nelas. A outra cousa e já está, há milhares de projetos q se podem fazer…

Alterado o serviço que administra as noticias á conta de Twitter. Agora empregará o mesmo que Chuza!, e só aparecerán as novas perguntas. Graças por reporta-lo.

A ver se assim logramos mais visitas.

2 Likes