Durante os últimos 4 dias estivemos realizando tarefas de mantemento. Por desgraza, as cousas non forom como esperavamos e tivemos mais problemas dos que agardamos. O principal: As entradas dos últimos 4 días. Sínto-o muito, porque foi algo imprevisto. Senhores @doceasubio, @miguel e @oFlanaghan, aceitem as minhas desculpas.
Aquí umha pequena explicaçom do que sucedeu:
Que se pretendeu fazer? Na actualidade, precisamos um certificado de segurança. Esse certificado permite que a web seja bem considerada por Google, ademáis de dar confidencialidade aos nossos visitantes. O processo é muito máis simples agora mesmo que há anos, mais ainda assim precisa de certo trabalho.
Que sucedeu? Aproveitando que há que automatizar o processo de renovaçom do certicado, decidí mudar também o antigo servidor Apache que empregamos polo máis rápido e socialista Nginx. Esse troco obrigou a um reinicio traumático do contedor de Chuza, que supostamente debía ser independente en teoría. Durante os últimos días estivemos intentando levantalo de novo, e ao final houvo que reinstalar varias partes do sistema, o que fixo que se perderam os últimos dias.
Voltará a suceder? Pessoalmente, espero que nom. O sistema é cada vez máis sólido. Nom há planejados máis mantementos em muito tempo. O sistema está completamente automatizado agora mesmo e nom hai máis melhoras previstas.
Adicionalmente, o sistema deve ser um pouco máis rápido também. Polo menos agora mesmo é o máximo que podemos ter com o sistema do Discourse. Ademáis é máis práctico para novas aplicaçons que queiramos instalar no futuro.
O dito, as minhas desculpas e seguimos adiante. Se encontrades qualquer cousa, avisade.
É umha mágoa que nom seja doado recuperar esse serviço, mais o que se leva agora é o de compartilhar desde o telemóbil. E para isso ainda nos queda muito caminho.
Pois sí, eu tamén digo parabens e obrigado polo trabalho. Sobre as cousas que non damos apanhado con este novo software, e logo do que levo experimentado aquí, a mín paréceme que Chuza con Discourse é para seren usado no sentido contrario do que Chuza có menáme, onde ligábamos contidos e se podia comentar. Paréceme que con Discourse, Chuza é de criarmos o contido nós aquí nel (ligando ou non fontes externas), para que seja visitado ou ligado ou copiado noutros sitios. Pode haber debate ou non, máis fáiseme un interface no que podo por eu as minhas elucubraciós, meterlhe midia (fotos, videos…) e fica como nun repositorio.
Así, tal como está. Non sei que add ons ou funcionalidades se lhe poden enghadir.
Eu curto a ideia porque penso que é necesario que a gente se anime a facer os contidos entroques de andar a mirar a ver que hai. O bó de pensar nesto como nun repositorio é que se póde facer algo aquí e ponher a ligazón no Facebook ou Twitter “cocinhando” a entrada neses sitios. Calquera cousa que for apagada neles sempre fica aquí.
Como che digo unha cousa tamén che digo a outra. Claro que podemos empregarmos esto como agregador para compartir. Ponhemos ligazón e a gente pode comentar abaixo. Eu gosto de ponher foto/captura do original ligando para a fonte, e que tenha un ‘aviso’ de texto dando información cando ponhemos o rato enriba da foto. Vou ponher un exemplo ligando para unha noticia, tirada doutro fío aquí. Na foto de captura quero que saia tamén algo do texto original, que sirva como entradinha.
By the way, para quen non tenha claro como se fai, a entradinha minha anterior faise con:
[<img src="/uploads/default/original/2X/7/74eb30ba5000593a2850e974f6f0c68dee03144a.png" width="568" height="420">] (http://historiadegalicia.gal/2017/01/un-arqueologo-danes-asegura-ter-atopado-tumba-de-ulf-o-viquingo-que-arrasou-galicia/ "Vai para a noticia en historiadegalicia.gal")
que ten este formato:
[image] (url “title”)
Olho aquí --> A image vai entre corchetes [ ] e logo o URL e o title (cás suas cominhas) van os dous dentro dos parénteses ( ) .
Onde:
A image pode ir como url externa http://www.tal-e-cual.com/e-arreando/images/image-tal.jpg
ou podes subila aquí, entón hai que por o tag html, que é <img> có caminho no diretorio de aquí. Non hai moito problema neste caso porque o tag completo aparece revelado cando subimos a foto. No meu exemplo de arriba a image vai como tag <img>, porque fora unha captura que fixera eu da página da noticia, unha image png, que logo subin (se vos fixades o src escomeza con /uploads ). <img src="/uploads/default/original/2X/7/74eb30ba5000593a2850e974f6f0c68dee03144a.png" width="568" height="420">
O tag ten atributos de largura (width) e altura (height) en pixels, que podemos ‘aquelar’ para conseguir efeitos visuais agradaveis, estirándoas ata que as persoas nelas semelhen eucaliptos.
O URL é o destino que quermos ligar para ire cando clickamos na image. Neste caso era http://historiadegalicia.gal/2017/01/un-arqueologo-danes-asegura-ter-atopado-tumba-de-ulf-o-viquingo-que-arrasou-galicia/
title é opcional, podemos excusar ponhelo. Vai entre cominhas e é o texto que queremos que saia cando ponhemos o punteiro do rato enriba da image. No meu exemplo empreguei: "Vai para a noticia en historiadegalicia.gal"