Que hai detrás do primeiro incendio intencionado en Lousame?

Un incendio intencionado arrasou máis de 9 hectáreas do Monte Veciñal en man Común de Froxán, en Lousame, situado sobre unha concesión mineira.

A Comunidade Veciñal de Froxán desenvolveu durante as últimas décadas un lento traballo de restauración curando as fondas feridas que máis dun século de voráxine mineira pola extracción do wolfram e estaño deixaron sobre o seu territorio: deforestación, contaminación fluvial, pozos mineiros abertos, e montañas de residuos. Nesta fin de semana alguén quixo destruír parte dese esforzo. A reintrodución de especies autóctonas fronte á eucaliptización masiva do territorio é unha das accións que vén desenvolvendo a comunidade e constitúe un mecanismo efectivo de protección contra os lumes.

6 Likes