Que aplicacións galegas para móbiles usades?

Podedes indicar neste fío as que usedes, ainda que nom sejam nada do outro mundo. Podemos abrir outro fío para aplicacións que gostaríades que existiram.

2 gústame
  1. Meteogalicia
  2. Dicionario RAG
  3. Priberam

Edito:

Coñezo quen usa iTranvías
http://www.tranviascoruna.com/gl/

2 gústame

Eu acrescentaria:

  • Otempo
  • Conxugalego

Algumha máis?

2 gústame

se priberam vale, então eu uso muitas, a do FCPorto tb vale ?

1 gústame

eu non uso nengunha, de feito vou listar as que uso (noutras linguas) porque algo tenho que por.

  • Moi importante: a do banco, para mirar como vai a cousa.
  • Pitch-Lab: para afinar a guitarra (ou outro instrumento).
  • Google-maps: para mirar como ires para os (e como escapar dos) distintos lugares que visito ou nos que me atopo.
  • Out of milk: lista da compra para non esquecer cando vou o mercado.
  • Cittymaper: para mirar cando chegha o bus. Uso-a pucas veces o ano porque normalmente vou na bici, que chego antes e melhor.
  • Tinha o whatsapp pero parou porque di que ten que actualisar pero non hai sitio no meu telemovel, pois que vaia tomar o aire porque non sei como se fai sitio e tenho cousas mais importantes das que me preocupar.

De feito vou aproveitar este fio para enterarme das apps que hai sobre o pais. Tenho que apanhar a de meteogaliza e diccionarios

2 gústame

eu sem saber muito, acho que se te diz que não tens espaço a única escolha que te resta é desinstalar aplicações ou apagar fotografias ou vídeos

Un pouco mirei, e resulta que as applicacións que che venhen chantadas no trebelho cando o compras non se poden desinstalar, por sorprendente que paresa. No meu caso viume o Facebook e as típicas que imaginades. O conjunto do software que che ven no móvil instalado polo fabricante ou fornecedor chámanlhe “bloatware”. Lin que hai xeito de tirar con ele pero hai que facer non sei que que me pareceu complicado.

Eso si, as fotos e sonidos ben que os podo tirar, esquecera :slight_smile:

1 gústame