Ourense… Turgalicia… estrelas das aberracións identitarias para invisibilizar a lingua e cultura galegas e apresentar o país como a Espanha Encantada do Turismo. E de paso repetirnolo tamén a nós ata que o creamos. Non son capaz de mirar o video enteiro.
Mais o pior é esto meus, que non sabía argalharan para que a metade da “vuelta” acontecera na GZ.
Pois acho que los galleguitos vão ficar felizes, porque isso vai trazer turismo e quartinhos e o mundo todo vai ver que linda é a Galiza e, também, porque isso vai fazer esquecer a destruição dos sectores produtivos, do património e da identidade
Hai que ser moi cainita para relacionar a toda unha das catro esquinas do País, templo da nosa cultura, co españolismo… ¿É que Vigo e A Coruña non presentan, de facto, unha realidade cotiá máis españolista? ¿É que a mesma Compostela, coa leria xacobea, non supera infinitamente esta promoción?
Se queremos criticar aos Baltares, distingamos, que Ourense tampouco é unha excepción en canto a votar peperolos. Pero aínda así, ollo. Que, sexa por convicción ou por conveniencia, a familia cacique évos das máis galeguistas dentro do PP…